2-2 | O Xuvenil A rasca un punto no Morrazo
DOMINGO 26/10/2025 (12:00) Campo: O MORRAZO (125)
ALONDRAS CF: 2 – PABELLÓN CF: 2 (1-1)
O Pabellón sumou un punto na visita a Alondras no partido da oitava xornada da Liga Nacional Xuvenil que permite ao equipo elevar a súa conta a 13 puntos.
No inicio de partido o cadro local, que non había sumado na casa nos tres anteriores partidos, saiu con moita intensidade e levou certa inquietude ao área visitante con varias accións a balón parado. Sen embargo, foron os pabellonista quen tomarían vantaxe no marcador nun remate de Tiago Barbosa.
Os pontevedreses acusaron o golpe e os ourensáns gozarían de dúas boas ocasións para haber incrementado a vantaxe. Pero un balón largo mal defendido polos branquiverdes, cando mellor estaban, propiciaría o tanto da igualada obra de Pablo antes de chegarse á media hora de xogo.
De ahí ata o descanso os cangueses estiveron mellor, non tiveron opcións claras pero si someteron aos de Rubén García, chegándose ao final do primeiro tempo con empate a un tanto.
O inicio do segundo tempo non foi bo para os pabellonistas, que foron castigados cun penalti tonto que aproveitaría Aarón para colocar o 2-1. Dende ese momento os ourensáns pasaron a controlar a situación sen que o rival chegase con perigo á portería de Roberto. Iker Regueira, en dous remates consecutivos, tivo o empate nun man a man co meta local, que en ambas accións evitou o gol.
Posteriormente, chegaría o empate por medio de Jesús, que levaba dez minutos no campo. Ata o final os branquiverdes buscaron o triunfo pero o marcador non se movería máis.
Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao RC Deportivo B, segundo clasificado.
FICHA TÉCNICA
Alondras CF: Castro, Lucas, Daniel, David (Xian, m.18) (Alejandro, m.82), Manuel, Pablo (Mario, m.66), Aarón (Luca, m.82), Breixo, Gabriel, Rodrigo (Evan, m.66) e César.
Pabellón CF: Roberto, Iván (Jesús, m.57), Tiago Barbosa, André, Guille, Tiago Cerdeiro (Melguizo, m.57), Ander, Lucas, Nico (Mancebo, m.68), Hugo Veiras (Bruno, m.68) e Iker Regueira (Gael, m.57).
Árbitro: Miguel Oliveira Dios, asistido nas bandas por Tesouro Sánchez e Barreira Salgueiro (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Pablo (m.59) nos locais e nos visitantes a Ander (m.76).
Goles: 0-1, m.10: Tiago Barbosa. 1-1, m.25: Pablo. 2-1, m.50: Aarón, de penalti. 2-2, m.68: Jesús.