LIGA NACIONAL XUVENIL

1-2 | Vitoria do Xuvenil A nun campo maldito

DOMINGO 12/10/2025 (12:15)  Campo: CONDOMÍNGUEZ (150)

ED VAL MIÑOR B: 1 – PABELLÓN CF: 2 (0-1) 

O Pabellón sumou tres puntos a domicilio de moito valor, que sirven para cortar unha racha negativa despois de tres derrotas consecutivas e tamén para obter o primeiro triunfo nun campo onde nunca habían gañado, no partido correspondente á sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil e que deixa ao equipo con 9 puntos.

Os de Rubén García completaron un partido moi serio e ao descanso xa tiñan vantaxe mínima cun gol de Nico tras unha boa acción de Iker Regueira. Nesta fase os ourensáns tiveron ocasións para que o marcador fose máis amplo, pero a falta de puntería evitouno.

No segundo tempo un novo tanto do alaricán Nico ampliou a vantaxe para os branquiverdes para culminar unha boa acción de Lucas. Sen embargo os de Nigrán acortarían distancias instantes despois por medio do recén incorporado Pedro, pasando a disputarse un partido moi intenso no que os pabellonistas estiveron firmes en defensa e incluso gozarían dalgunha oportunidade para matar o enfrontamento.

Na próxima xornada reciben no Miguel Ángel ao CD Lugo B, cuarto clasificado con 13 puntos.

Nico anotou os dous goles pabellonistas
Nico anotou os dous goles pabellonistas en Condomínguez

FICHA TÉCNICA

ED Val Miñor B: Manuel, Mariño (Pedro, m.53), Borja, Soage (Dosantos, m.53), Alexandre, Pablo, Román, Durán, Martín (Sergio, m.46), Nacho (Miguel, m.46) e Mateo (Senra, m.46).

Pabellón CF: Roberto, Gael (Iván, m.46), Tiago, André, Guille, Ander, Melguizo, Nico (Bruno, m.76), Jesús (Samuel Ferraz, m.82), Lucas (Mancebo, m.82) e Iker Regueira (Tiago Cerdeiro, m.58).

Árbitro: Darío Costas Rodal, asistido nas bandas por Díaz González e Casal Almeida (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Nacho (m.29) e Mateo (m.30) nos locais e nos visitantes a Gael (m.14), Guille (m.69), Mancebo (m.85) e Melguizo (m.89).

Goles: 0-1, m.41: Nico. 0-2, m.52: Nico. 1-2, m.54: Pedro.