2-0 | Derrota do Xuvenil "A" en Ferrol

SÁBADO 08/03/2025 (16:30) Campo: O POTE-MANIÑOS (150)
RACING CLUB FERROL : 2 – PABELLÓN CF : 0 (1-0)
O Pabellón non puido puntuar no campo do Racing nun partido directo na loita das prazas de ascenso á División de Honra na xornada vinte e tres da Liga Nacional Xuvenil.
En canto ao partido o conxunto local foise ao descanso con vantaxe no marcador despois de corenta e cinco minutos moi competidos. O Racing gozaría de tres ocasións e nunha delas, moi cedo, Daniel acertaría a batir a portería de Abraham apenas transcurridos dezaoito minutos nun balón gañado ás costas da defensa ourensán.
Posteriormente, os branquiverdes terían opcións de igualar, primeiro nunha falta lateral executada por André e despois nun remate frouxo de Youness cando estaba en boa posición, ésta última a escasos minutos do descanso.
Segunda metade
No retorno de vestiarios os de Iván Alonso sairon máis ambiciosos na búsqueda de nivelar a balanza. Sen embargo, foron os ferroláns quenes ao borde dos quince minutos incrementarían a vantaxe co segundo gol anotado por Antón.
Con esa vantaxe importante o Racing estivo máis conservador e sen complicarse a vida ante un Pabellón que intentou meterse no partido cun gol que non acabaría chegando.
Con este marcador os departamentais igualan o coeficiente particular despois do 3-1 na primeira volta no Miguel Ángel. Nestes momentos os pabellonistas (43 puntos) non saen da zona de ascenso, que ocupa xunto ao Coruxo (46), pola mellor diferenza de goles con respecto aos ferroláns (43).
Na próxima xornada o Pabellón repite a domicilio visitando ao Atlético Arteixo.

FICHA TÉCNICA
Racing Club: Adrián, Felipe, Diego Rey, Antón (Álex, m.73), Daniel (Diego López, m.87), David, Paredes (Adrián, m.79), Joel Ferreira, Iago (Hugo, m.73), Sergio e Joel Tenreiro (Martín, m.87).
Pabellón CF: Abraham, Tiago, Lamús (Mociño, m.74), André, Joel, Ander, Gómez, Soriano, Cougil (Lucas, m.68), Youness (Julián, m.68) e Etien,
Árbitro: Marcos Padín Pita, asistido nas bandas por Maseda Truyols e Rodríguez Souto (Comité Galego-Ferrol). Amonestaron a Felipe (m.45) nos departamentales.
Goles: 1-0, m.18: Daniel. 2-0, m.59: Antón.