2-2 | O Xuvenil "A" dilapida dous goles de vantaxe

DOMINGO 23/02/2025 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)
PABELLÓN CF : 2 – CD LUGO : 2 (2-1)
O Pabellón concedeu o sexto empate consecutivo no Miguel Ángel ante un Lugo que pese a xogar cun home menos durante oitenta minutos, foi capaz de neutralizar dous goles de vantaxe que tiñan os ourensáns, nunha cita da vixésimo segunda xornada da Liga Nacional Xuvenil.
Con este marcador os pabellonistas suman 43 puntos ocupando a terceira praza seguidos moi preto por Coruxo (40), cun partido menos, Racing de Ferrol (40), UD Ourense (39), Ural (35), cun partido menos, e Lugo (34), tamén cun partido menos.
As cousas comezaron moi ben para os branquiverdes coa expulsión do meta rival Mateo (10´) ao derribar a Etien nunha saída á desesperada nun man a man co dianteiro local. A acción obrigou aos lucenses a dar entrada ao porteiro suplente Jairo por Domínguez e reconfigurar o seu dibuxo táctico.

Os de Iván Alonso sacaron tallada da inferioridade numérica dun adverdsario que había comezado ben o partido. Etien (15´) e Gómez (19´), nun espazo de catro minutos situaron un 2-0 no marcador.
O Lugo, que viña a polos tres puntos, non se veu abaixo e o punto de reacción atopouno á media hora de xogo ao acortar distancias cun penalti transformado por Xavi Cidre por unha mao dun defensor local dentro do área despois dun despexe defectuoso. Cun disparo de Arao cerca da base do poste da meta defendida por Abraham remataría a primeira metade: 2-1
Segundo tempo
Na segunda metade os lucenses sairon fortes entrando o partido nunha fase de ida e volta na que apenas se notaba a inferioridade numérica visitante. O técnico rival daría osíxeno ao equipo con tres trocos ao mesmo tempo ao borde da media hora desde periodo ante o desgaste que estaban a facer. E dous minutos máis tarde conseguirían empatar cunha falta executada por Xavi Cidre para situar o 2-2 no taboleiro.

Dende ese momento, con tres trocos nos pabellonistas buscando máis poder ofensivo, o partido estivo aberto para calquera cun par de ocasións por bando sen repercusión no marcador, a máis clara para o lucense Lucas, que acaba de entrar no campo, pero que Abraham desviou con acerto.
A próxima fin de semana non haberá competición e acto seguido o Pabellón afrontará unha complicadísima visita ao Racing de Ferrol.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André (Mociño, m.80), Ander, Gómez, Cougil (Lucas, m.63), Joel, Soriano (Julián, m.79) e Etien (Youness, m.80).
CD Lugo: Mateo, Raúl (Castro, m.73), Izan (Carlos, m.73), Andrés (Aarón, m.73), Adrián, Lucas (Xoel, m.89), Arao, Martín, Sergio, Domínguez (Jairo, m.11) e Xavi Cidre.
Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Añel Fernández e Cid Seara (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Soriano nos locais e a Izan (m.41), Andrés (m.42), Antón (m.54) e Jairo (m.90) nos visitantes. Tamén expulsou ao meta lucense Mateo (m.10) con vermella directa.
Goles: 1-0, m.15: Etien. 2-0, m.19: Gómez. 2-1, m.30: Xavi Cidre, de penalti. 2-2, m.75: Xavi Cidre.