0-0 | Empate do Xuvenil "A" ante un rival esixente
DOMINGO 22/12/2024 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS 1 (100)
PABELLÓN CF : 0 – ALONDRAS CF : 0
Reparto de puntos sen goles no partido que pechaba o ano e que correspondía á decimoquinta xornada da Liga Nacional Xuvenil. Os pabellonistas seguen ocupan a terceira praza do grupo con 32 puntos e seguen en posto de ascenso a dúas xornadas do final da primeira volta, que serán no 2025.
Pese a que o marcador non se moveu nos noventa minutos, uns e outros tiveron ocasións para que o partido non rematara con ese marcador, aínda que finalmente puido gañar calquera dos dous.
Ata case a media hora de xogo os de Iván Alonso trataron de levar a iniciativa, presionando moi alto, ante un rival moi atrevido e arriscando moito na saída de balón, para posteriormente pasar a controlar a situación o conxunto pontevedrés.
En canto a ocasións Cougil tivo unha moi boa diante do meta rival pero un defensor desviou no último momento o disparo de ourensán. Como consecuencia de esa acción o saque de esquina foi rematado por Lamús petando o balón no pao.
Tamén tivo un balón á madeira o Alondras traspasada a media hora de xogo, non peores momentos dos locatarios, nunha falta executada por Iker. Antes do descanso Bruno e Cougil estiveron a punto de sorprender á adiantada posición do porteiro Gabi.
Segundo tempo
A segunda metade foi moi intensa e de ida e volta. Calquera dos dous equipos puido marcar. A tres primeiras oportunidade foron para Soriano, en tres accións, a máis clara nun centro de Lucas que o capitán local enviou por encima do traveseiro na boca de gol. Bruno tería tamén outra ocasión nun disparo ao centro tras revolverse no punto de penalti.
O conxunto cangués, que en ningún momento especulou co resultado, gozaría de varias accións de perigo, destacando un disparo de Adrián que Tiago desviou cando parecía levar camiño de gol. As outras xogadas de perigo chegaría dende a banda dereita pontevedresa con varios barullos no área branquiverde resoltos polo defensa e o meta Abraham.
Ao final o marcador non se movería nun partido de poder a poder ante un rival no que sorprendeu a baixa posición que ocupa na táboa visto o visto no Miguel Ángel. A competición retornará a finde semana do 11 e 12 de xaneiro coa visita ao CD Areosa vigués.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André, Ander, Gómez (Julián, m.70), Cougil, Soriano, Lucas (Joel, m.70) e Bruno (Álex García, m.61)
Alondras CF: Gabi, Luca, Breixo (Pablo, m.53), Joao (Jonás, m.84), Pedro (Barciela, m.53), Adrián, Iker, Víctor (Julián, m.89), Manuel, Gabri (Álvaro, m.53) e César.
Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Álvarez Blanco e Cid Seara (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Gómez (m.25) y Lamús (m.32) nos locais e a Álvaro (m.65) nos visitantes.