LIGA NACIONAL XUVENIL

2-4 | O Xuvenil "A" tivo opcións pero caeu

DOMINGO 01/12/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (300)

PABELLÓN CF : 2 – RC DEPORTIVO "B" : 4 (2-2)

Despois de catro vitorias consecutivas os pabellonistas caeron ante un rival que tivo mellor pegada no partido da decimoterceira xornada da Liga Nacional Xuvenil.

O cadro herculino viuse moi cedo cun marcador favorable de dous goles nos primeiros dez minutos de partido. As dúas primeiras chegadas herculinas acabaron en gol -Miguel e Lucas- e iso foi un duro golpe para os locatarios.

Sen embargo, os branquiverdes non tiraron a toalla e fixeron caso das advertencias do seu técnico nas horas previa ao partido "non podemos nublarnos se encaixamos" e iso foi o que fixo o seu equipo no resto da primeira metade.

Álex Riveiro, que se retiraría mancado, anotou os dous goles dos branquiverdes
Álex Riveiro, que se retiraría mancado, anotou os dous goles dos branquiverdes

Con esa diferenza de dous goles non quedaba outra que marcar un gol para "volver" ao partido e chegarían as ocasións. Álex Riveiro acortaría distancias nunha contra con apenas vinte minutos de xogo, o que deu alas aos ourensáns, que por medio de Youness tiveron a igualada e incluso os locatarios reclamarían unha pena máxima por derribo do dianteiro, pero o colexiado non estimou tal infracción.

Nuns minutos moi bos dos pabellonistas unha nova acción rápida ofensiva acabaría cun servizo de Soriano a Álex Riveiro para que o "11" local devolvese as táboas ao marcador, chegándose ao descanso co 2-2.

Abraham intercepta o balón ante a presenza de David
Abraham intercepta o balón ante a presenza de David

Segundo tempo

Despois do paso por vestiarios os primeiros minutos foron para os de Iván Alonso, que tiveron ata tres oportunidades, dous man a man de Álex Riveiro e un disparo de Youness, para tomar vantaxe, pero nas tres accións a resposta do meta herculino Pablo foi determinante.

Cando mellor estaba o Pabellón chegaría o 2-3 deportivista nun remate de Miguel tras un desaxuste defensivo que permitiu o centro de Xabi, dun rival que ata ese momento soamente había gozado de maior posesión, sí, pero con apenas tres saques de esquina sobre a portería de Abraham como bagaxe ofensivo.

Moito público nas bancadas do Miguel Ángel para ver este partido
Moito público nas bancadas do Miguel Ángel para ver este partido

Restaban uns vinte minutos para finalizar e o adestrador local moveu pezas de corte ofensivo, pero o Deportivo controlou a situación pese a algunhas chegadas ao área dos pabellonistas. Xa no desconto chegaría o cuarto dos coruñeses nun remate de Borja.

Con este resultado o Pabellón segue ocupando o terceiro lugar na clasificación e polo tanto mantén a primeira praza que permite o ascenso á División de Honra.

O venres na Gándara

A cita aprazada con Valladares da xornada decimosegunda disputarse o venres 6 de decembro ás 12 horas no campo de A Gándara. Na fin de semana do 7 e 8 non haberá competición.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge (Frank, m.36), Tiago (Mociño, m.87), Lamús, André, Ander, Soriano, Gómez (Álex García, m.74), Joel, Álex Riveiro e Youness (Lucas, m.69). 

RC Deportivo "B": Pablo, Vergara, Jorge, Santiago (Yago, m.62), Xabi, Telmo, Trillo (Guille, m.62), David (Borja, m.82), Miguel, Mauro e Lucas (Samba, m.82).

Árbitro: Brais Rodríguez García, asistido nas bandas por Martín Rodríguez e Alonso Sánchez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Ander (m.45), Gómez (m.53), Joel (m.90) e ao técnico local Iván Alonso (m.47). Nos visitantes viu cartón amarelo Frank (m.72).

Goles: 0-1, m.7: Miguel. 0-2, m.10: Lucas. 1-2, m.19: Álex Riveiro. 2-2, m.41: Álex Riveiro. 2-3, m.69: Miguel. 2-4, m.90: Borja.