Liga Nacional Xuvenil

Vitoria solvente do Xuvenil "A"

O Pabellón despediuse da última xornada do ano 2023, e penúltima da primeira volta, cunha contundente vitoria (0-4) no campo de Boiro, colista da Liga Nacional Xuvenil.

Os branquiverdes encarrilaron o partido moi cedo con dous goles en apenas vinte e dous minutos, evitando así calquera dificultade no caso de que o cadro local tomase vantaxe no marcador, que arriscou con moitos homes ofensivamente.

Abriu o marcador Cougil, que participou nos catro goles pabellonistas, ao rematar un centro de Soriano e catro minutos máis tarde Tiago anotaba o segundo cun testarazo a centro de Cougil nunha acción de estratexia.

Coa tranquilidade de ter unha renda de dous goles os de Iván Alonso e Brais Silva souberon administrar a vantaxe, aínda que non tiñan o control do partido. Ata o descanso apenas houbo incidencias a destacar.

Cougil abriu o marcador en Boiro e participou nos catro goles
Cougil abriu o marcador en Boiro e participou nos catro goles

Segunda parte

No arranque da segunda metade os branquiverdes asestaría un duro golpe ao rival ao colocar o 0-3 no taboleiro. Unha acción de Cougil deixou só a Álex Riveiro para anotar. Xa nos últimos compases do partido Peke pecharía a conta co cuarto tanto ourensán ao rematar unha falta lateral excutada por Cougil.

Esta vitoria permite ao equipo sumar 18 puntos a falta dunha xornada para rematar a primeira volta, nunha cita na que terá como rival a un emergente Ural da Coruña que despois dun mal arranque xa está en postos de ascenso. O choque será na primeira semana do 2024 nos Remedios.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

CD Boiro (0): Laíño, Jorge (Raúl, m.74), Alejandro, Daniel Sobrido, Pablo (Marcos, m.61), Daniel Otero, Tomé, Millán, Óscar, Adrián e Martín (Bruno, m.52). 

Pabellón CF (4): Abraham, Mauro (David, m.81), Bugallo, Tiago, Simón (Iván, m.67), Cougil, Soriano, Ander, Miguel, Álex Riveiro (Camilo, m.81) e Samuel (Peke, m.56).

Árbitro: Alcalá Rey, asistido nas bandas por Rodríguez Moar e Brey Couto (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Daniel Sobrido (m.66) e Tomé (m.76) nos locatarios.

Goles: 0-1,m. 18: Cougil. 0-2, m.22: Tiago. 0-3, m.55: Álex Riveiro. 0-3, m.86: Peke.

Incidencias: Partido da décimosexta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Valiño-Cabo de Cruz.