martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Duro revés do Xuvenil "A" nos Remedios

Duro revés do Pabellón CF no campo de Os Remedios ao caer (0-1) contra o CD Calasanz nun partido que se decidiu cun gol visitante no primeiro terzo do segundo tempo. Os nosos acbaron o partido con dez pola expulsión de Yago nos minutos finais.

Ficha Técnica:

Pabellón CF (0): Alberto, Martínez, Víctor (Iker, m.84), Yago, Civile (Marco, m.68), Coello, Iker Baltar (Juan, m.62), Parrilla, Anxo (Marcos, m.68), Osián e José.

CD Calasanz (1): Borja, Xenxo (Jorge, m.46), Berto, Ricoy, Enrique, Mouro, Diego (Miguel, m.62), Hugo, Iago (Alejandro, m.76), Pablo (Sergio, m.56) e Pedro (Miguel, m.46).

Goles: 0-1, m.57: Berto.

Árbitros: Adrián Estévez Blanco, do Colexio de Ourense. Amonestou nos locais a Osián, Marco e Yago, que vería o segundo cartón amarelo sendo expulsado (m.86). Enrique e Mouro foron amonestados nos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada de liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense.

Comentario: O Pabellón, que presentaba as baixas por lesión de José Ramón e Aarón, caeu 0-1 nos Remedios nun partido onde na primeira parte os dous conxuntos, con estilos moi diferentes, tiveron unha ocasión por cada lado para adiantarse no marcador.

A do Pabellón foi nun disparo de Iker Baltar que petou no pao e a do Calasanz foi nunha acción de Hugo para bater a Alberto pero o gardameta local resolveu a situación cunha boa intervención cando se xogaban os últimos instantes do primeiro acto. sen movementos no marcador chegaríase ao descanso.

J5-PabellónCF-CDCalasanz_9

Na segunda metade os de Cándido Gómez sairon bastante mellor que na primeira e pronto chegarían dúas accións claras de perigo de forma consecutiva. Na primeira unha boa internada de Anxo pola banda dereita acabaría cun centro sobre a liña do área pequena que remataría José coa testa obrigando a Borja a lucirse. No posterior saque dende o curruncho e tras unha serie de rechaces novamente José dispuxo dunha excelente ocasión que neutralizaría o meta coruñés.

Gol visitante
Aos doce minutos chegaría o tanto dos visitantes. Sería como consecuencia dunha falta lateral tan innecesaria como clara por un exceso de confianza á hora de resolver a acción. O seu lanzamento foi rematado por Berto cunha pasmosa libertade a escasa distancia da meta de Alberto. Con este marcador adverso as cousas puxéronse moi difíciles para os pabellonistas, que ata ese momento non estiveran moi precisos e faltos de presenza nas bandas.

J5-PabellónCF-CDCalasanz_14

O técnico local daría entrada a novos efectivos para buscar máis actividade polos carrís e situou ao central Yago como "9" nato na búsqueda do empate. A entrada de Juan Muiños na esquerda serviu para activar máis esa parcela e nunha acción súa un centro acabaría nos pés de José, que disparou fóra cando xa se cantaba o gol.

A posterior lesión de Civile obrigou a novas variantes na zaga local nunha fase na que o partido vivía un ir e vir dunha a outra área pero cos branquiverdes a remolque no marcador e polo tanto máis presionados. Pero as cousas puxéronse máis feas cando Yago viu o segundo cartón amarelo deixando aos seus en inferioridade numérica no tramo final. O Pabellón quixo pero non puido e o Calasanz defendeu con uñas e dentes o marcador para levarse finalmente os tres puntos.

J5-PabellónCF-CDCalasanz_4

A xornada
Os partidos da quinta data da competición deixaron estes marcadores: RC Celta 1-2 RC Deportivo, ED Val Miñor 0-0 Ural CF, CD Choco 3-0 Racing de Ferrol, CD Conxo 1-1 CD Lugo e Pabellón CF 0-1 CD Calasanz. Os pabellonistas suman 4 puntos (ver clasificación) e na próximo xornada visitan ao Racing de Ferrol.

J5-PabellónCF-CDCalasanz_3

 

 

 

Duro revés do Xuvenil "A" nos Remedios