El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

50 ANIVERSARIO

A Xuntanxa branquiverde pechou os actos do 50 aniversario do club

A Xuntanza de expabellonistas que tivo lugar o pasado sábado pechou a serie de actos programados polo Pabellón CF con motivo do seu 50 aniversario. O acto comezou cunha misa na igrexa María Auxiliadora (Salesianos) en memoria dos exbranquiverdes falecidos. Posteriormente houbo unha sesión de fotos nos aledaños dos Remedios que se estendeu ao campo da Feira, donde estaba preparada unha peallada para todos os asistentes.

Houbo tempo para reecontros, contar anécdotas e compartir mesa e mantel entre compañeiros de varias xeneracións que forman parte dos 50 anos de historia do club dende a súa fundación o 18 de febreiro de 1972. Antes Francisco Doforno, presidente da entidade, tivo unhas palabras de agradecemento aos asistentes e recordou as figuras de José Luis López Iglesias e Fernando Bouso, os que puxeron en marcha este proxecto.

Tamén houbo un recoñecemento a Mario Guede, extécnico da entidade, ao que se sumaron xogadores da época na que Pabellón CF e CD Ourense camiñaban da man. Por iso tamén estaba Jorge Bermello, que era daquelas o presidente do club vermello e que lembrou a cantidade de xogadores e adestradores que neses anos pasaron dos Remedios ao Couto. Tanto Mario Guede como Jorge Bermello foron agasallados cunha camiseta do club. 

G A L E R I A  D E  F O T O S

Debaixo desta información pódense ver todos os eventos que organizou o club ao longo de 2022 con moitvo do 50 aniversario da entidade.

A Xuntanxa branquiverde pechou os actos do 50 aniversario do club