El tiempo
martes. 30.04.2024
El tiempo

SELECCIÓNS BASE

Novas convocatorias de xogadores para as Seleccións

Un total de nove xogadores foron convocados polas Seleccións Galegas e de Ourense para os adestramentos e partidos amigables programados neste semana que entra.

Este luns 22 de xaneiro están convocados coa Selección de Ourense Sub-13 os infantís do Pabellón Promesas Aarón Barja, Mario Vázquez, Asier Valverde e Tiago Caamaño. A citación é no Campo de O Corgo en Soutopenedo (19 horas).

Por outro lado, Xoel Montecelo e Aldán Limia, do Infantil "A", están convocados (18:45 horas) para o mércores 24 de xaneiro no Campo Municipal A Rapeira en Portas co equipo Galego Sub-14, onde xogarán ante o Arosa cadete.

Tamén o mércores 24 de xaneiro están citados pola Selección de Ourense Sub-11 os alevíns Teo Fernández, Daniel Babarro e Adrián Rodríguez no Campo dos Carrís para enfrontarse a un equipo do Barbadás (17:45 horas).

Parabéns a todos por esta convocatoria!!!

Novas convocatorias de xogadores para as Seleccións