Fútbol 8 / Campionato Galego

Xa temos rivais na fase intermedia de Vilalonga

Na mañá deste martes efectuose o sorteo das Fases Intermedias, tanto norte como sur, do Campionato Galego de Fútbol 8 -alevín, benxamín e prebenxamín- que se disputará este sábado nos campos de O Revel e San Pedro en Vilalonga pola zona sur.

O club conta con pleno de presenza de equipos nas tres categorías, que como campións de Ourense foron cabezas de serie.

Os equipos que se clasifiquen, dous por categoría, afrontarán ao día seguinte -domingo- a Fase Final nas instalacións da Cidade Deportiva da Madroa en Vigo.

ALEVÍNS-SUR

  • Grupo A: Caldas CF, Pabellón Promesas, ED Val Miñor e EF Cangas
  • Grupo B: RC Celta, CD Choco, EF Moañesa e EDC Xinzo de Limia

BENXAMÍNS-SUR

  • Grupo A: Pabellón CF, CD Barco, Arosa SC e Rápido de Bouzas
  • Grupo B: RC Celta, EF Portero 2000, EF Vila de Marín e ED Val Miñor

PREBENXAMÍNS-SUR

  • Grupo A: Rápido de Bouzas, Pabellón CF, Alondras CF e AD Vila de Corpus
  • Grupo B: AJ Lérez, CP Calasancio, ED Val Miñor e Pontevedra CF