Volven escaparse dous puntos importantes

Partido disputado o sábado pola tarde no Miguel Ángel-Os Remedios.

Pabe-Avilés
Pabe-Avilés

Empezamos moi ben o partido, dous goles nos primeiros 15 minutos, unha chilena de Tumbeiro e a finalización Justino de Carlos despois dunha xogada individual, e o equipo visitante non se achegou a nosa portería durante o primeiro tempo.

A volta do descanso, os primeiros minutos da segunda parte foron tranquilos, ata que unha xogada illada fixo que o Avilés marcase o seu primeiro tanto.

Os nervios empezaron a poñerse nerviosos, ademais dos problemas físicos de varios xogadores. O equipo comezou a defender cada vez máis preto da nosa portería, ata que a falta de tres minutos para o final, os visitantes fixeron o 2-2.

Os nosos tentaron desesperadamente facer o 3-2, e apunto estivemos de conseguilo cunha acción de Gallego dentro da área que tras un control orientado quedaba só ante o porteiro e cando apiques de rematar, un defensa derrubouno. Nin o árbitro nin o asistente decidiron sinalar penalti. Esta acción provocou un gran número de protestas por parte do equipo local, que acabou con amoestación a varios xogadores.

Esta acción marcaba o final do partido.

Outros dous puntos que se lle escapan aos nosos.

#SerdoPabeMola