El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Superou ao Val Miñor "B" con dous goles en cada tempo (4-0)

P2000110

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil solventou con solvencia o partido contra o Val Miñor "B" xogado na mañá do domingo no campo de Os Remedios (4-0).

Os nosos fixeron un partido no que foron de menos a máis e coas gañas de resarcirse da dura derrota sufrida unha semana antes en Lugo nun enfrontamento con moitas baixas.

Nesta cita co Val Miñor aos vinte minutos xa anotaran dous goles por medio de José e Osián, iste coa axuda dun defensor nunha primeira fase na que parecía que o cadro de Nigrán estaba máis cómodo no campo. Con eses dous tantos remando a favor, os pabellonistas pasaron a controlar a situación chegándose ao descanso con ese marcador.

Á volta de vestiarios os de Cándido Gómez foron incrementando o seu dominio a medida que pasaban os minutos, o que se reflictiu co terceiro tanto obra de Sergio nunha boa acción de ataque local e máis tarde sería Carlos o que anotaría o cuarto para pechar a vitoria. Ver ficha técnica.

O equipo é oitavo na táboa con 47 puntos e agora chegarán dúas semanas de parón cando restan cinco xornadas para o final da competición. Ver clasificación.

 

Superou ao Val Miñor "B" con dous goles en cada tempo (4-0)