Vitoria importantísima en Perines.
Os Xuvenís logran unha vitoria importante e volven a casa coa satisfacción do traballo ben feito.
A primeira metade non tivo un claro dominador do partido. Os dous equipos puideron adiantarse no marcador, tendo Perines a ocasión máis clara tras un erro do Pabellón que Bruno logrou parar.
Tralo paso polos vestiarios, o Pabellón reaxustou o equipo, e no minuto 50, un balón en longo para Carlos, resolveuno cunha bonita vaselina. O gol, deu ás ao Pabellón que estaba moi ben posicionado defensivamente e case non tiña problemas.
No minuto 65, Parrilla subiu o 0-2 no marcador cun potente disparo nun lanzamento de falta indirecto.
Despois do segundo gol, o Pabellón controlou ben os tempos do partido e suma tres puntos de ouro.
#SerdoPabeMola