martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O equipo suma once xornadas sen perder

Triunfo valiosísimo do Pabellón CF contra o CD Areosa (2-1) no partido máis destacado da xornada dentro da Liga Nacional Xuvenil nun partido cun rival directo polo ascenso ao que tamén lle gañaron o coeficiente particular. José Ramón e Víctor foron os goleadores.

Os Remedios acolleu na tarde deste sábado a cita máis relevante da xornada da Liga Nacional Xuvenil xa que medían as súa forzas os dous conxuntos que antes de iniciarse o choque ocupaban as dúas posicións de ascenso.

O rival era de coidado xa que o Areosa presentábase nos Remedios como o mellor rival co que tiveron aos branquiverdes en toda a competición, de ahí o valor importantísimo do empate no desconto da primeira volta na Xunqueira (2-2).

A saída fulgurante dos de Cándido Gómez no arranque do partido enseguida tivo consecuencias no marcador. Aos once minutos o equipo tiña un 2-0 a favor cos goles de José Ramón e Víctor e incluso un balón ao pao puido incrementar a vantaxe. Con ese marcador finalizaría a primeira metade.

Complicacións
Na segunda parte as cousas complicaríanse moio cedo. Aos tres minutos os vigueses recortaban distancias (2-1) cun mundo por diante. O Areosa pasou a dominar o partido en base a unha maior posesión de balón pero sen inquietar a portería pabellonista. Os branquiverdes tiveron que pórse o traxe de traballo para xestionar un marcador favorable ante un gran rival e así foron pasando os minutos ata o pitido final e os puntos quedaron na casa. Ficha técnica.

Esta vitoria -terceira consecutiva no arranque da segunda volta- eleva ata once as xornadas que leva o equipo sen perder, o que lle permites manterse na primeira praza de ascenso toda vez que Celta "B" e Deportivo "B" non poden dar o salto de categoría. De momento, a seguir disfrutando do feito. Ver clasificación.

Na próxima xornada o Pabellón CF visita ao Alondras CF no campo de O Morrazo. Unha saída moi difícil como o resto de partidos que quedan por disputarse.

O equipo suma once xornadas sen perder