Vinte equipos na Liga Galega Xuvenil Sur na tempada 22-23 pese a dez descensos
A competición da tempada 2022-2023 arrancará a fin de semana do 10 e 11 de setembro. Aínda despois do amplo número de descensos -dez- da recentemente finalizada campaña 2021-2022.
Deste xeito, a falta de confirmación oficial, o plan competicional da RFGF contemplaría o ascenso de dous equipos á Liga Nacional e tres descensos ás ligas provinciais. A maiores haberá que engadir, de ser o caso, os descensos por arrastre que se poidan rexistrar dende a Liga Nacional. Na campaña 2023-2024 haberá unha nova redución de todas as categorías ata deixalas en dezaséis equipos por grupo.
O grupo sur estará integrado polos seguintes vinte conxuntos: UD Santa Mariña, Salgueriños CF, CP Alertanavia, UD Barbadás, Gondomar FB, AJ Lérez, CD Ribadumia, SD Monteporreiro, Umia CF, EDC Verín, Ourense CF, Rápido de Bouzas, SD Portonovo, Coruxo FC "B" (ascendido), SC Arousa "B" (ascendido), Cented Academy (ascendido), Pabellón CF "B" (descendido LN), CD Areosa (descendido LN), ED Val Miñor "B" (descendido LN) y Colegio Hogar San Roque (descendido LN).