Este venres rematou o segundo turno do Campus Fundación Celta que comezou o pasado luns no campo Miguel Ángel-Os Remedios en horario de 9.30 a 14 horas.
A actividade contou cunha participación de 65 nenos e nenas. Unha semana antes tivo lugar o primeiro turno co mesmo horario e con idéntico número de participantes.
Deste xeito rematan os Campus programados pola Fundación Celta en colaboración co club nos que participaron unas 130 deportistas repartidos en dous turnos. A organización dalle as grazas a todos os participantes e espera que o pasasen ben durante estas dúas semanas.