El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

EMPATE SEN GOLES NA SEGUNDA XORNADA DA LIGA XUVENIL DE DIVISIÓN DE HONRA

Traballado empate do noso Xuvenil A

Partido Pabellón CF-Racing Santander
Partido Pabellón CF-Racing Santander (Foto:Xesús Fariñas vía La Región)

Gran cantidade de público nas bancadas do Miguel Ángel – Os Remedios para ver a segunda xornada da Liga da División de Honra entre os nosos rapaces do Xuvenil A e o Real Racing Club de Santander. 

O resultado final do partido ven dado da igualdade entre os dous equipos. Poucas ocasións nun partido no que o traballo defensivo dos locais deu os seus frutos co primeiro punto na liga.

Na primeira parte máis posesión dos visitantes cunha ocasión moi clara por parte do Racing, que os nosos salvaron baixo paos cando xa festexaban o gol.

No inicio do segundo tempo os nosos tiveron a mellor ocasión, despois dun rechace na área visitante, Viso quedouse diante do porteiro pero resolveu moi alto. Varias accións  ofensivas por ámbolos dous equipos rondando a portería rival pero sin que tiveran que intervir os porteiros.

Cerca do final, unha xogada de extratexia dos rivais, finalizou cun remate de cabeza o longueiro no que Hugo só puido seguir coa vista. Ahí rematou o partido.

Moito traballo dos nosos ante un dos equipos que vai loitar polos postos altos da clasificación.

#Serdopabemola

Traballado empate do noso Xuvenil A