Toño Sanmartín segue ao mando do Senior

A Dirección Deportiva do club deu conta da renovación para a tempada 2025-2026 de Toño Sanmartín como adestrador do conxunto Senior que militará no grupo único da Segunda Futgal Ourense despois do ascenso conseguido na pasada campaña.

O adestrador sumará a súa terceira tempada no banquillo do conxunto branquiverde. O técnico está a traballar na confección da plantilla para este novo curso.

Para o 5 de agosto ás 20.30 horas está marcado o comezo dos adestramentos no campo Miguel  Ángel-Os Remedios.