sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

CO.SA.GA LUCIRÁ NAS CAMISETAS POR OITAVA CAMPAÑA CONSECUTIVA

Unha tempada máis con CO.SA.GA.

A Xunta Directiva segue dando pasos importantes e este mércores asinou un novo Convenio Publicitario con CO.SA.GA.

O acto da firma para ampliar outra tempada máis a vinculación con CO.SA.GA. contou coa presenza de Santiago Vidal Fernández, responsable da Unidade de Deporte de CO.SA.GA. e diferentes membros da Xunta Directiva do Pabellón Ourense Club de Fútbol, encabezados polo seu presidente Francisco José Doforno Nóvoa. As oficinas do Policlínico Santa Cristina ubicadas na Calle Sáenz Díez acolleron a sinatura do novo Convenio Publicitario.

A entidade pabellonista seguirá lucindo unha campaña máis a publicidade de CO.SA.GA. nas camisetas, o que levará a completar oito tempadas -dende a 2014-2015- ligados á unha entidade que contribúe co fomento do deporte base ourensán. O Pabellón Club de Fútbol agradece a CO.SA.GA., unha vez máis, o apoio ao novo proxecto deportivo.

Unha tempada máis con CO.SA.GA.