Terá como axudante a Javi Alonso.

Sergio Basteiro adestrará ao equipo Prebenxamín Promesas

Sergio Basteiro  será o encargado de adestrar ao equipo Prebenxamín Promesas na tempada 2020-2021. Contará como axudante con Javi Alonso.

Javier y Sergio

J. Andrés Vispo como Vicepresidente do Pabellón Promesas, Felipe Quintela como directivo do Pabellón C.F. e Fernando J. Martínez como Presidente do Pabellón Promesas fan a presentación de Sergio Basteiro na dirección do noso equipo Prebenxamín Promesas, que xogará en 1ª División. Terá como axudante a Javi Alonso.

Sergio Basteiro ten o título de 2º Nivel de Fútbol Sala. Leva dous anos adestrando na Escola de Iniciación do club.

Como xogador iniciouse no noso club con 4 anos e estivo ata os 14. Despois foise para U.D. Ourense onde xogará este ano na Liga Nacional.

“Caracterízame como adestrador ter unha boa fluidez cos nenos, intento ensinarlles o máximo posible”.