3-0 | Vitoria dun Senior eficaz en ataque
DOMINGO 11/01/2026 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF: 3 – CD COLES: 0 (2-0)
O equipo Senior despediu a primeira volta da Segunda Futgal cun triunfo máis custoso do que indica o marcador fronte ao Coles (3-0). Tiveron que consumirse quince jornadas para que a portería pabellonista quedara a cero e prolongar a sete os partidos de liga leva o equipo sen perder.
O inicio non foi sinxelo para os branquiverdes, xa que a primeira ocasión clara caeu do lado visitante cun disparo que se marchou fóra por moi pouco e que serviu de aviso. Pouco despois chegou a reacción local. Aos doce minutos, Moure abriu o marcador, culminando unha boa acción ofensiva, un gol que asentou ao Pabellón sobre o terreo de xogo.
O propio Moure ampliaría a vantaxe xusto antes do descanso, cando a un minuto do intermedio asinou o seu dobrete para poñer terra de por medio.
Tras o paso polos vestiarios, o Coles deu un paso adiante e buscou recurtar diferenzas con decisión. Nese tramo inicial da segunda metade emerxeu a figura de Nacho, decisivo ao neutralizar por dúas veces sendos disparos con clara traxectoria de gol. O conxunto visitante mantivo durante moitos minutos unha proposta ambiciosa, asumindo riscos e xogando boa parte do tempo en campo blanquiverde.
O Pabellón, máis cómodo esperando a súa oportunidade, puidou sentenciar nunha contra na que Xoel non estivo acertado. O propio Xoel atoparía premio xa no tempo de desconto, ao transformar unha falta que supuxo o 3-0 definitivo e que ademais provocou a expulsión de Ibrahima por acumulación de amonestacións.
Unha vitoria sufrida e de mérito, para os de Miguel Ángel, que pechan a primeira volta con 28 puntos. Na próxima xornada, que abre a segunda metade do campionato, o Pabellón repetirá como local ante o Rocas, un rival directo que chega co mesmo balance de puntos.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Iker Sabín, Miguel Ángel, Pede, Mario, Sergio, Raúl (Óscar, m.83), Noli (Xoel, m.69), Numan (Samuel, m.83), Moure (Lucas, m.83) e Jhonny Nóvoa (Jhonny Merlo, m.61).
CD Coles: Guillermo, Aarón (Juan, m.68), Ibrahima, Román (Gustavo, m.46), Hatim, Faye, Caramés (Adrián, m.46), Víctor (Guerra, m.61)r, Héctor, Yeray e Emmanuel.
Árbitro: Jimena Delgado Gómez (Comité Galego-Ourense). Amonesstou nos visitantes a Víctor (m.59), Faye (m.59) e Juan (m.90). Tamén expulsou por dobre cartón amarelo a Ibrahima (m.75 e 90) no Coles.
Goles: 1-0, m.12: Moure. 2-0, m.44: Moure. 3-0, m.90+3: Xoel.