0-2 | O Senior cae na Copa coa cabeza alta
SÁBADO 03/01/2026 (16:30) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)
PABELLÓN CF: 0 – ANTELA FC: 2 (0-0)
O equipo Senior caeu eliminadado na rolda de dezaseisavos de final da Copa Deputación, a partido único, a mans do Antela con dous goles nos vinte minutos finais do enfrontamento.
Na primeira metade o dominio foi do equipo visitante que tivo un balón ao pao nun disparo de Álex Boan. Jhonny Nóvoa, primeiro, e nos posterior rexeite Noli, tiveron a más clara dos locatarios. Nos últimos instantes desta fase o limiao Pedro desperdiciou un penalti que petou no traveseiro da portería defendida polo xuvenil Breogán, chegándose ao descanso sen goles.
Tras pasar por vestiuarios o conxunto visitante volveu a ter maior posesión de balón pero os minutos avanzaban e os pabellonistas seguían defendendo con orde e acerto, pero no último cuarto de hora do partido chegarían os dous goles visitantes por medio de Jorge e Brais, o segundo deles cando os de Toño Sanmartín xogaban cun home menos pola expulsión de Pede.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Breogán, Rober, Miguel Ángel, Pede, Mario (IKer Sabín, m.61), Sergio, Noli (Tiago Barbosa, m.72), Numan, Aldán (Ander, m.58), Moure (Nico, m.58) e Jhonny Nóvoa (Xoel, m.58).
Antela FC: Bruno, Pucho, Álex Boán, Tiago, Germán, Xabi (Charli, m.46), Jorge (Fabián, m.90), Pedro (Brais, m.80), Raúl, Mauro e Antón (Carlos, m.60).
Árbitro: Brais Rodríguez García (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iker Sabín (m.89) nos locais, expulsando con cartón vermello directo a Pede (m.86).
Goles: 0-1, m.73: Jorge. 0-2, m.90: Brais.