TERCEIRA FUTGAL-PROMOCIÓN DE ASCENSO

0-0 | O Corgo decidirá a eliminatoria do Senior

SÁBADO 10/05/2025 (18:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 0 – SOUTOPENEDO CF : 0 (0-0)

O campo de O Corgo decidirá a eliminatoria da promoción de ascenso á Segunda Futgal entre Pabellón e Soutopenedo, despois do empate sen goles que se rexistrou na tarde deste sábado en territorio branquiverde.

A primeira metade apenas rexistrou oportunidades de gol por ambas partes e desenvolveuse sen un claro dominador, con uns e outros evitando complicacións na zona defensiva.

Foi na segunda parte cando os locais deron un paso adiante para facerse co control do partido e disfutar de ata catro ocasións de perigo, as máis claras en remates de Noli e o xuvenil Soriano, neste último caso nun balón que foi sacado por un defensa baixo paos cando levaba camiño da rede.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober (MIguel Ángel, m.78), Pedro, Rubén, Mejuto, Sergio, Soriano, Aldán, Noli, Regueira (Luis, m.85)e Pibe (Numan, m.78) 

Soutopenedo CF: Brais, Manuel, Evan, Marcos, Iván, Alexander, Yahia, Duarte, Morinigo (Rubén, m.87), Sebastián e Diego (Aday, m.75).

Árbitro: Martín Pérez Quintas, asistido nas bandas por Cid Menor e Fernández Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Yahia (m.88) nos visitantes.