0-1 | O Senior cae e sae da zona de promoción

DOMINGO 09/03/2025 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 0 – CD COVADOGA : 1 (0-1)
O Pabellón viuse sorprendido no se feudo por un súper motivado Covadonga cortando así unha racha de tres vitorias consecutivas antes do parón, na cita corresponde á decimonovena xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal.
Os visitantes anotarían o único tanto do partido a un minuto do descanso nunha falta directa executada por Adrián, despois de que os locatarios perdoasen en varias ocasións nas botas do xuvenil Nico, con dúas boas ocasións, e Noli.

Un centro chut con posterior remate fóra sobre a portería defendida por Nacho sería a única acción de perigo do conxunto visitante antes de que se movera o marcador.
Na segunda metade foi un querer e non poder dos branquiverdes, diante dun rival que soubo manter esa mínima renda que saca aos pabellonistas da zona de promoción ao non pasar dos 33 puntos, superados por Moreiras (38), Amoeiro (35) e Atlético Trelle (35).
Na próxima xornada o Pabellón visita ao Irixo, colista do grupo, no campo de A Cruz.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Rober, Miguel Ángel (Dani, m.81), Pedro, Mejuto (Rubén, m.54), Aldán, Sergio, Luis, Noli, Nico e Pibe (Regueira, m.54).
CD Covadonga: Imanol, Lucas, Peru, Mauro, Jiménez (Daniel, m.34) (Saúl, m.68), Cristian, Roberto, Álvaro, Jonathan, Hugo (Kevin, m.82) e Adrián.
Árbitro: Álvaro Cid Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Rubén (m.86) nos locais e a Peru (m.57), Hugo (m.76), Kevin (m.90), Saúl (m.90) e Roberto (m.90) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.44: Adrián.