0-2 | Fin de traxecto do Senior na Copa
VENRES 06/12/2024 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 0 – CD A PURÍSIMA : 2 (0-1)
O conxunto pabellonista quedou apeado da Copa Deputación ao caer na eliminatoria de dezaseisavos diante dun rival que anotaría un gol en cada tempo.
Os xogadores branquiverdes amosaron unhas pancartas de ánimo antes do partido con palabras de ánimo para o seu compañeiro Berni, operado este xoves dunha dobre rotura de mandíbula.
A escuadra de Toño Sanmartín afrontou o choque moi mermado de efectivos ante o alto número de lesionados que ten na plantilla. No partido desta tarde presentou tres xuvenís do equipo de Preferente no once inicial, con catro na convocatoria.
Estivo aberta a confrontación pese ao gol de Marcos pasada a media hora de xogo ata os minutos finais nos que os visitantes anotarían o segundo gol ao transformar un penalti Raúl.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Changui (Nacho, m.46), Aldán, Rober, Mejuto, Martín, Sergio, Diego, David (Madrigal, m.64), Numan (Guille, m.82), Noli e Pablo Ramos (Iker, m.64).
CD A Purísima: Selas, Marcos (Diego, m.88), Raúl, Luis (Pablo, m.72), Ramón, Yago, Estévez (Nahuel, m.88), Quique (Rubén, m.67), Docasar, Javier e David.
Árbitro: Cristian Rodríguez Pires (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Noli (m.71) nos locais e nos visitantes a Estévez (m.30), Javier (m.48), e Raúl (m.64)
Goles: 0-1, m.34: Marcos. 0-2, m.86: Raúl (p).