TERCEIRA FUTGAL

9-0 | Superioridade do Senior ante o colista

DOMINGO 10/11/2024 (16:15)  Campo: MIGUEL ÁNGEL (50)

PABELLÓN CF : 9 – CD O IRIXO : 0 (3-0)

Vitoria cómoda dos pabellonistas diante do colista do Grupo 1º da Terceira Futgal correspondente á sétima xornada do calendario de competición e colocánse segundos na táboa.

O equipo de Toño Sanmartín dominou de principio a fin ante un adversario que apenas chegou a crear perigo no área local. Ao descanso xa tiñan o partido encarrilado co 3-0 despois dos goles anotados por Numan, Sergio e Noli.

Lamentar neste primeiro acto a lesión de Pibe nos locatarios, que tivo que retirarse do campo (20´) por un forte golpe nun xeonllo. Esperamos que a cousa quede nese simple encontronazo.

Na segunda metade as diferenzas no campo foron acrecentándose e froito do dominio que exerceron os branquiverdes chegarían outras seis dianas, destacando os tres que anotaron os xuvenís Pablo Ramos (2) e Roldanny a maiores dos de Numan, Madrigal e Vilajuana para completar o definitivo 9-0.

O Atlético Trelle (11 puntos) será o próximo rival do Pabellón (12) no campo de A Costoira, no choque máis destacado do grupo.

Os capitáns de ambos equipos coa colexiada do partido
Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Roni (Irixo), coa colexiada Celia Feijóo

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo (Nacho, m.71), Aldán, Rober, Rubén, Mejuto, Sergio, Diego (Roldanny, m.60), Numan (Guille, m.71), Vilajuana, Madrigal (Pablo Ramos, m.60) e Pibe (Noli, m.20)

CD O Irixo: Fran, Jonathan, Rodrigo, Marcelo (Rubén, m.46), Bryan (Gustavo, m.80), Roni, José Ángel, Bruno (Gallego, m.43) Fernando, Anxo (Alejandro, m.68) e Adolfo.

Árbitro: Celia Feijóo Pazos (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos visitantes a Anxo (m.50) e tamén expulsou a Roni (m.83) con dobre cartón amarelo no Irixo.

Goles: 1-0, m.5: Numan. 2-0, m.35: Sergio. 3-0, m.45: Noli. 4-0, m.57: Numan. 5-0, m.59: Madrigal. 6-0, m.64: Vilajuana. 7-0, m.75: Roldanny. 8-0, m.76: Pablo Ramos. 9-0, m.88: Pablo Ramos.