TERCEIRA FUTGAL

1-0 | Derrota do Senior no fango e con dous expulsados

SÁBADO 12/10/2024 (16:30)  Campo: O TESO-CASTRO CALDELAS (50)

CD TRIVES : 1 – PABELLÓN CF : 0 (1-0)

Primeira derrota dos branquiverdes na competición despois ao caer en Castro Caldelas co equipo trivés dentro da cuarta xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal.

Estaba claro que o equipo que se adiantase no marcador iba ter moitas posibilidades de facerse coa vitoria dado o lamentable estado do terreo de xogo de O Teso en Castro Caldelas. E así foi xa que o prematuro tanto local (11´) obra de Brais, acabaría sendo decisivo ao final dos noventa minutos.

Despois dese tanto os branquiverdes tiveron ata cinco ocasións para igualar o choque en remates de Aldán, por dúas veces, Numan, Berni e Pibe sen fortuna no remate.

Segunda parte

Na segunda metade os de Toño Sanmartín perderon a dous homes por sendas expulsións, primeiro a de Berni (55´) e despois a de Pibe (60´). De ahí ata o final os pabellonistas intentaron, al menos, igualar o choque pero con dous futbolistas menos foi un querer e non poder pero o meta local evotou o empate lucíndose nun disparo de Ignasi.

Na próxima xornada o Pabellón ten xornada de descanso. Unha semana despois repetirá a domicilio no campo de Eiroás co Covadonga.

FICHA TÉCNICA

CD Trives: Alejo, Ismael, Óscar, Adán, Jhosúa, Guillermo, Luis Ángel (Martín, m.88), Iago, Aarón, Brais (Roberto, m.49) e Igor.

Pabellón CF: Nacho, Aldán, Rober, Berni, Mejuto (Miguel Ángel, m.70), Sergio, Rubén, Ignasi, Numan (Guille, m.75), Noli e Pibe.

Árbitro: Jaime Montero Álvarez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Brais (m.27) e Luis Ángel (m.40) nos locais e a Guille (m.44) e Rober (m.71) nos visitantes, que tamén sufriron as expulsións con cartón vermello directo de Berni (m.55) e Pibe (m.71).

Goles: 1-0, m.11: Brais.