Terceira Futgal

0-1 | Tres traballados puntos para o Senior

DOMINGO 29/09/2024 (16:30)  Campo: O TATO (100)

CD BARRA DE MIÑO : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-0)

Vitoria a domicilio para os de Toño Sanmartín nun campo moi complicado na segunda xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal que lles permite sumar 6 puntos de outros tantos posibles.

Tardou en adaptarse o conxunto branquiverde ás reducidas dimensión e a superficie de terra do campo de O Tato. Ata moi entrada a primera metade non se farían co mando do partido para gozar de catro ocasións claras para anotar, pero ao descanso o marcador permencia inamovible.

No segundo tempo os pabellonistas sairon a por todas e despois de varias oportunidades, unha falta executada por Noli foi rematada de cabez por Sergio para anotar o gol que sería decisivo.

Na próxima xornada os branquiverdes reciben no Miguel Ángel-Os Remedios ao Salamonde.

FICHA TÉCNICA

CD Barra de Miño: José Manuel, Paolo, Albano, Aitor, Prol, Abraham, Roberto, Keysber, Joel, Johnattan (Alberto, m.75) e Lobelle.

Pabellón CF: Nacho (Anxo, m.46), Rober, Miguel Ángel (Dani, m.80), Berni, Mejuto (Vilajuana, m.60), Sergio, Rubén, Numan (Pablo Ramos, m.60), Aldán, Noli (Cao, m.80) e Pibe.

Árbitro: Ismael Álvarez Yzquierdo (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Abraham (m.64) nos locais e a Sergio (m.89) nos visitantes. 

Goles: 0-1, m. 68: Sergio.