Segunda Galicia

1-0 | Tres puntos de ouro para o Senior

DOMINGO 03/03/2024 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – ROCAS CF : 0 (1-0)

Importante triunfo do equipo Senior diante dun rival directo pola permanencia no Grupo 2º da Segunda Galicia e que lle permite rematar a xornada vinte e unha fóra da longa zona (32 puntos) que conleva o descenso. A maiores o equipo suma a quinta xornada sen perder.

A primeira metade deixounos un partido de moito contacto e moitos paróns. Ambas porterías apenas pasaron por apuros aínda que os visitantes inquietaron en algunhas ocasións, especialmente nas accións a balón parado.

Aos de Toño Sanmartín custáballes avanzar e xerar oportunidades pero conseguiron aproveitar un erro na recepción do balón do meta visitante para adiantarse no marcador cun tanto de Cacha escasos instantes do final, chegándose ao descanso con esa mínima vantaxe dos pabellonistas.

Diego controla un balón ante la presencia de un rival

Segundo tempo

O retorno de vestiarios deixounos uns segundo periodo, intenso, tenso nalgúns momentos e emocionante ata o final. Tratando de acortar metros o Rocas foi xogando cada vez máis directo a medida que avanzaban os minutos, pero a zaga local estivo inconmensurable no seu traballo gañando moitísimos balóns aéreos, destacando nesta labor Luis.

A doce minutos do final os visitante quedarían cun home menos pola expulsión con vermello directo de Jonathan. Cun home menos o rival buscaba nivelar o marcador ao tempo que os branquiverdes trataban de incrementar a vantaxe cunha segunda diana.

O partido foi de moito contacto durante os noventa minutos

O Rocas tivo unha clara para igualar pero un defensa local salvou in extremis e os branquiverdes tiveron varias para pechar o partido e ter un final de encontro máis pacífico. Ao final, peridodo no que se rexistrou a lesión do meta Anxo, nada cambiou e os tres puntos quedaron na casa.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao A Bola no Manolo Misto, un contrincate que suma 12 puntos ubicado na penúltima praza do grupo.

Os capitáns de ambos equipos, Marcos (Pabellón) e Aarón (Rocas) co colexiado

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo (Nacho, m.89), José, Rober. Luis, Mario, Diego, Cacha (Salgado, m.81), Sergio, Marcos (Guzmán, m.46), Iago Nieto (Iker, m.46) e Dani (Mael, m.68). 

Rocas CF: Lucas, Manuel, Brais, Abel, Rodolfo (Cristian, m.63), Pablo (Alejandro, m.46), Jonathan, Óscar (Manuel, m.46), Aarón, Joel (Brais, m.80) e Hugo. 

Árbitro: Cristian Pires (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iago Noeto (m.38), José (m.49) e Sergio (m.78) nos locatarios. Viron cartón amarelo nos visitantes Jonathan (m.15), Joel (m.18), Rodolfo (m.54) e Manuel (m.90). Tamén expulsou con cartón vermello directo no Rocas a Jonathan (m.78).

Goles: 1-0, m.44: Cacha.