El tiempo
martes. 10.09.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

O Senior alarga a súa boa racha

O Pabellón apuntouse unha merecida vitoria (2-0) sobre o Soutopenedo no campo de Os Remedios para sumar a quinta xornada consecutiva sen perder e acumular tres triunfos seguidos dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia. Dos últimos 15 puntos en xogo os de Toño Sanmartín sumaron 13.

Sempre tivo o control do partido a escuadra pabellonista aínda que ao descanso o marcador permanecía inamovible pese a disfrutar dalgunhas ocasións.

Na reanudación os branquiverdes resolverían o choque con dous goles nun espazo de dez minutos. Primero foi Diego quen abriría o camiño da vitoria e pouco despois sería Dani que incrementaría a vantaxe que resultou definitiva. Ata o final os branquiverdes administraron a renda para facerse cos tres puntos.

O equipo sitúase na sétima praza con 20 puntos, a un da zona de promoción. Os branquiverdes rentabilizan cada gol dos 17 que acumulan. Cada un supón 1.17 puntos. A maiores o equipo é o menos goleado do grupo con 9 tantos en contra.

Diego anotou o segundo tanto dos branquiverdes

A xornada

A fin de semana foi de claro cor local xa que seis equipos que xogaban no seu campo sairon vitoriosos por tan só un triunfo visitante. Tamén houbo un empate.

Os oito partidos deixaron 35 dianas das que 21 foron das escuadras locatarias e 14 das foráneas. Hay que ter en conta que os dous primeiros clasificados -Viana e Córgomo- anotaron 17 tantos nas maiores goleadas da fin de semana.

Javier García (Viana) e José Ángel Sotelo (Piñeira Seca) ocupan os dous primeiros postos na táboa de goleadores con 9 e 8 dianas respectivamente.

O Viana (30 puntos) mantense como líder do grupo perseguido por Córgomo (26) e Atlético Vilariño (21), ambos como inquilinos das dúas prazas de promoción. Tamén están na pomada Raio Alaricano (21), Rocas (20), A Purísima e Pabellón (20).

A ampla zona de descenso está integrada por: Taboadela (16), Antela "B" (13), Trives (7), Vilar de Barrio (6), A Bola (5), Soutopenedo (4) e Parada do Sil (0).

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Nacho (Anxo, m.46), José, Rober, Miguel Ángel, Mario, Iago Nieto (Iker, m.63), Sergio, Cacha, Iván (Enrique, m.63), Dani (Salgado, m.77) e Diego.

Soutopenedo CF (0): Brais, Xoel, Raúl (Rubén, m.63), Carril, Marcos, Manuel Martínez., Yahia (Kevin, m.46), Nabil (Iván, m.63), Briz (Jaime, m.75), Duarte (Aarón, m.75) e Manuel Rodríguez. 

Árbitro: Diego Otero Varela (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Iván (m.36), Rober (m.58) e Cacha (m.90) nos locais e a Nabil (m.16), Yahia (m.23), Briz (m.37), Iván (m.77) e Manuel Martínez (m.78) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.53: Diego. 2-0, m.63: Dani.

Incidencias: Partido da undécima xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os capitáns de ambos equipos xo colexiado do partido
O Senior alarga a súa boa racha