El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

Tres puntos de pico e pala para o Senior

Segunda vitoria consecutiva do Pabellón na Segunda Galicia-Grupo 2º despois de vencer ao Vilar de Barrio (0-1) no campo de A Corga. Con este marcador favorable os branquiverdes sitúanse na oitava praza con 17 puntos, a tres puntos da zona de promoción.

Trátanse dos tres primeiros puntos a domicilio para os de Toño Sanmartín, que acumulan unha racha de catro xornadas consecutivas sen perder despois de sumar 10 puntos de 12 posibles.

As malas condicións do campo dificultaron o xogo e levaron a un partido de moita loita e contacto con moitas acciíons a balón parado e saques de bande. Na primeira metade apenas houbo situacións de perigo.

Os pabellonistas tiveron un disparo de Mael que se foi fóra por pouco como a mellor oportunidade de ambos equipos antes de que Diego anotase o gol que acabaría dando a vitoria no tramo final deste periodo.

Diego, en primeira liña, foi o autor do gol da vitoria

Segundo tempo

Os branquiverdes sairon ben na volta de vestuarios e unha vaselina de Cacha á saída do meta local puido significar o segundo pero o balón foise fóra.

A partir de ahí os locatarios puxeron toda a carne no asador en acorralaron aos de Toño Sanmartín e as accón a balón parado foron o maior perigo do Vilar de Barrio, que tivo o empate nun disparo que petou nun defensa e o rexeite rozou o traveseiro cando xa se cantaba gol. Ao final o marcador permanecería inamovible pese ao asedio local.

Na próxima fecha da competición o Pabellón recibe o domingo pola tarde no campo de Os Remedios a visita do Soutopenedo.

A xornada

A fin de semana deixounos un desenlace de cor visitante con tres triunfos para os equipos foráneos por dous dos locais e tres empates. Houbo poucos goles, 16, repartidos a partes iguais para os anfitrións e os foráneos. De xeito ata seis equipos non foron capaces de anotar.

O líder do grupo segue sendo o Viana (27 puntos) perseguido polo Córgomo Vilamartín (23), ao que acompaña neste momento na promoción de ascenso A Purísima (20).

As prazas de descenso directo están ocupadas por: Antela, Taboadela, Trives, Vilar de Barrio, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil. A táboa de goleadores está encabezada por José Ángel Sotelo (Piñeira Seca) con 8 tantos e perseguido por Jonathan Fernández (Rocas) e Iván Pérez (Viana) con 7 dianas.

FICHA TÉCNICA

CD Vilar de Barrio (0): Ángel, Seguín (Miguel, m.67), Yousseff (Rubén, m.64), Fontelo, Álex Salgado, Víctor (Anxo, m.54), Raúl, Arturo, Nabil (Daniel, m.54), Miguel Ángel (Felipe, m.64) e Álex Gómez.

Pabellón CF (1): Anxo, José, Rober, Miguel Ángel, Luis, Aldán, Sergio, Cacha, Diego, Mael (Sandro, m.74) e Iván (Mario, m.68).

Árbitro: Carlos Gustavo Huttner Sánchez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Cacha (m.77) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.39: Diego.

Incidencias: Partido da décima xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo de A Corga.

Tres puntos de pico e pala para o Senior