O Senior faise forte nos Remedios
O Pabellón sumou os tres puntos (2-1) contra o A Bola nos Remedios nunha nova xornada do Grupo 2º da Segunda Galicia, e mantén a boa sintonía como local despois da terceira vitoria consecutiva no seu feudo.
Os de Toño Sanmartín adiantaráinse ao cuarto de hora cun bo gol de Dani despois dunha bo acción individual de Iago Nieto, moi activo nos primeiros corenta e cinco minutos. Antes Miguel Ángel avisara cunha falta directa que se foi fóra por pouo.
Despois do tanto local un balón á madeira de Jacobo na execución dunha falta puido levar as táboas ao marcador dun primeiro tempo que remataría con vantaxe mínima dos branquiverdes.
Segundo acto
Na segunda parte as cousas parecían encarrilarse co segundo tanto pabellonista nunha acción culminada por Iago cuando se levaban disputados poco máis de dez minutos. Os locatarios gozarían de tres claras ocasións, unha de Iago cun remate á cruceta, e dúas de Mael para ampliar distancias.
Sen embargo, as cousas complicaríanse algo despois do tanto visitante obra de Aurelio. A Bola foise ao ataque na búsqueda do empate e os pabellonistas sofriron pero mantiveron a exigua renda para sumar os tres puntos.
Na próxima data o Pabellón afronta unha complicada saída coa visita ao campo de Viloira ao Córgomo Vilamartín, líder invicto do grupo.
A xornada
Non houbo empates nesta fin de semana, rexistrándose cinco triunfos dos equipos locais por tres dos visitantes. Os oito partidos deixaron 25 goles repartidos en 17 para os conxuntos locatarios e 8 para os visitantes. O máis aplicado foi o Atlético Vilariño (6-1) ante o Soutopenedo.
No máis alto da táboa está o Córgomo Vilamartín (19 puntos), único equipo invicto do grupo. Viana (18) e Atlético Vilariño (15) ocupan as dúas posicións da promoción de ascenso.
As sete prazas de descenso directo afectan nestes intres a Antela "B", Taboadela, Trives, Vilar de Barrio, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (2): Nacho (Anxo, m.46), José (Toubes, m.60), Miguel Ángel, Berni, Iago, Sergio, Aldán, Diego, Dani (Luis, m.60), Cacha e Iago Nieto (Mael, m.60).
CD A Bola (1): Javier, Pablo, Iago, Codeso, Jacobo, Brais, Miranda, Óscar (Aurelio, m.28), Joshua, Antonio e Pablo.
Árbitro: Javier Carid Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Luis (m.77) e Aldán (m.86) nos locais e nos visitantes a Antonio (m.74), Tamén expulsou por dobre cartón amarelo a Brais (m.74 e 90) nos foráneos.
Goles: 1-0, m.15: Dani. 2-0, m.66: Iago. 2-1, m.76: Aurelio.
Incidencias: Partido da sétima xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.