Derrota a domicilio do Pabellón no campo do Rocas (1-0) dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia. O partido decidiuse cun gol da escuadra local anotador por Javier ao borde do cuarto de hora.
Pese a que os de Toño Sanmartín tiveron varias ocasións para polo menos empatar, incluidos dous balóns ao pao, ao final non puideron sumar. Na próxima xornada os branquiverdes reciben nos Remedios o domingo ao CD A Bola.
A xornada
Os oito enfrontamentos desta sexta data do torneo ofreceunos dous triunfos locais, catro empates e dúas vitorias visitantes. Anotáronse un total de 21 tantos, 9 para os que xogaban na cas e 12 para os que o fixeron a domicilio. Cinco equipos non foron campaces de marcar.
O resultado máis sorprendente foi o triunfo holgado do Piñeira Seca sobre un Viana que perdeu a condición de invicto e o liderado, que pasou a mans do Córgomo (16 puntos) pese a empatar en Viloira co A Purísima noutro dos marcadores chamativos da xornada. Rocas (15) e Viana (15) están nos postos de promoción.
Na zona crítica da táboa o Pabellón (7) é noveno seguido de Trives, Taboadela, Antela "B", Vilar de Barrio, A Bola, Soutopenedo e Parada do Sil.
FICHA TÉCNICA
Rocas CF (1): Lucas, Crispín (Abel, m.46), Brais, Manuel, Javier, Alejandro, Rodolfo, Cristian (Pombar, m,65), Ian (Samuel, m.85), Joel (Pablo, m.77) e Hugo.
Pabellón FC (0): Nacho, Rober (Iker, m.68), Miguel Ángel (Madrigal, m.68), Luis, Iago, Sergio, Aldán, Diego (Berni, m.79), Dani, Cacha (José, m.79( e Iago Nieto.
Árbitro: José Carlos Losada (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Javier (m.30), Abel (m.45), Samuel (m.45) e Rodolfo (m.62) nos locatarios e a Nacho (m.45) e Dani (m.81) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.14: Javier.
Incidencias: Partido da sexta xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo San Pedro de Rocas..