Primeira Galicia

O Melias tamén foi mellor que o Senior

Nun partido no que soamente había os tres puntos en xogo, o Melias levouse a vitoria (3-0) diante do Pabellón, no que debutaba na portería o cadete Jorge Ares, na penúltima xornada da Primeira Galicia.

Un gol apenas pasado o cuarto de hora obra de Alejandro fixo que os locatarios marchasen ao descanso cun marcador favorable. Na segunda metade o Melias incrementaría distancias cunha segunda diana por medio de Rufo e cando o partido finalizaba, Ángel pechaba o marcador.

Na última xornada da competición os pabellonistas despediránse da Primeira Galicia coa visita do Barbadás B ao campo Miguel Ángel-Os Remedios.

FICHA TÉCNICA

SD Melias (3): Christian, Alejandro, Borja, Diego n(Ángel, m.83), Fernando (Alberto, m.80), José Luis (marcos, m.56), Rucho, Aarón (Brais, m.58), Mario e Carlos (Cacheiro, m.51).

Pabellón CF (-): Jorge, Rober, Araújo, Álvaro (Cristian Blanco, m.36), Miguel Ángel (Pancho, m.75), Sergio, Carracedo, Langa (Marcos, m.46), Cacha, Numan e Caseiro. 

Árbitro: Quintas Lorenzo, asistido nas bandas por Alonso Sánchez e Mosquera Páez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Brais (m.77) e Mario (m.78) nos locatarios, que sufriron a expulsión do adestrador Marcos Zorrilla (m.76) con cartón vermello directo. Miguel Ángel (m.14) e Langa (m.27) foron amonestados nos visitantes.

Goles: 1-0, m.16: Alejandro. 2-0, m.57: Rucho. 3-0, m.88: Ángel.

Incidencias: Partido da penúltima xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo da Abelleira en Melias.