viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Remontada en Vilamarín no cuarto de hora final

O xuvenil Mael anotou dous goles
O xuvenil Mael anotou dous goles
O Pabellón da Terceira Galicia volveu ao camiño das vitorias despois de dúas derrotas consecutivas, ao vencer no Outeiro Maior ao Sporting Vilamarín "B" (2-4) cos goles de Mael (2), Javi Pataco e Shuster.

A semana de descanso que tivo o equipo pabellonistas na anterior fin de semana permitiu que o equipo recuperase algúns efectivos baixando os inquilinos da enfermería. A saída ao Outeiro Maior despois de dúas derrotas consecutivas obrigaba aos de Charli Álvarez a sumar os tres puntos.

As cousas comezaron ben cando Javi Pataco adiantaba aos nosos nos primeiros cinco minutos de xogo, pero o equipo encaixaría o empate a dóus minutos do descanso para marcharse ambos equipos a vestiarios con empate a un tanto.

Pouco despois de comezar a segunda metade o cadro local conseguía situarse por diante (2-1), obrigando aos branquiverdes a facer un esforzo para sacar adiante o choque. A entrada no campo do xuvenil Mael resultou decisiva para o desenlace do choque.

Remontada
Os nosos apretaron nos últimos quince minutos e sería o propio Mael quen anotaría o tanto do empate. Envalentonouse o equipo e a sete do final sería Shuster quen daría vantaxe aos nosos e poucos instantes despois novamente Mael conseguía o gol que apuntillaba ao rival e garantizaba a vitoria. Ver ficha técnica.

Con esta vitoria o equipo ocupa a quinta praza do grupo con 16 puntos sen perderlle a vista aos postos de ascenso directo. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben ao CD Maceda "B" nos Remedios (16 horas).

Remontada en Vilamarín no cuarto de hora final