viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Vitoria do Senior cun correoso Maceda "B"

O Pabellón CF da Terceira Galicia sumou os tres puntos no campo de Os Remedios (4-1) a costa de superar a un CD Maceda "B" moi correoso e que lle puxo as cousas difíciles. Santi, de penalti, Carlos Conde, Numan e Adrián Carid foron os goleadores.

O equipo pabellonista segue reñido co gol xa que tiveron ocasións para haber encarrilado o partido na primeira metade aínda que o equipo non estivo cómodo no campo ante o derroche de gañas do rival. Shuster, cun remate de cabeza ao traveseiro, e Carlos Conde, por dúas veces, dispuxeron das ocasións máis claras antes de que Santi, de penalti, inaugurase o marcador a escasos instantes do descanso.

No retorno de vestiarios os de Charli Álvarez ofreceron a súa mellor versión durante vinte minutos nos que chegaría o segundo obra de Carlos Conde nun bo servizo de Javi Pataco. Antes Carlos Conde e Javi Conde dispuxeran de dúas ocasións clarísimas. Con ese tanto parecía que o choque estaba encarrilado pero o Maceda non tirou a toalla e nunha pérda de balón na liña media a acción pillou desprevinda á zaga local e os visitantes acortaban distancias (2-1).

O gol deu aire aos macedanos e os locatarios pasaron por uns momentos complicados no que chegaría a acción que puido variar o signo do partido. Unha contra do rival obrigou a sair a Héctor lonxe da portería sendo superado por un adversario e o seu disparo a porta valeira foise fóra cando xa se cantaba o gol. A xogada pareceu espertar aos pabellonistas, que pouco maís tarde conseguirían o tanto da tranquilidade nun disparo seco e cruzado de Numan e dous minutos despois sería Adrián Carid quen só ante o meta rival anotaría o cuarto. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o equipo é terceiro na táboa con 19 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada visitan ao CD Bubal no campo de San Cibrao en Oímbra.

Vitoria do Senior cun correoso Maceda "B"