El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

O Senior rescatou un punto a última hora ante o Nogueira

O Pabellón da Primeira Galicia obtivo por segunda xornada consecutiva un empate que o mantén fóra dos postos de descenso despois de catorce xornadas.

A primeira metade estivo mellor o Nogueira, nunha fase na que conseguiría tomar vantaxe no marcador pasada a media hora de xogo por medio de Lois. Neste periodo os visitantes tamén gozarían dun par de ocasións que lle deron protagonimso ao meta local Julián.

No segundo tempo os branquiverdes axustaron liñas e estiveron mellor, desenvolvéndose con máis intensidade e directos no xogo, o que lle levou a estar máis no campo rival ata que no último instante un bo servizo de Sergio a Iago Outeiriño acabaría cun zurdazo do xuvenil para colocar o balón no fondo da rede e rescatar un punto para os pabellonistas.

Luis Parada

Ao final do enfrontamento o adestrador local valora o resultado: "Foi un bo punto ante un bo equipo como o Nogueira". O técnico local explicaba que "O empate permitenos seguir sumando, aínda que sexa un punto, nunha liga que está sendo moi disputada". Na próxima xornada o Pabellón visita o domingo ao Peroxa no campo de O Marco.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Julián, Aldán, Miguel (Iván, m.47), Manu, Álvaro, Langa (Antón, m.46), Numan (Sergio, m.73), Cacha, Carlos (Caseirio, m.62), Aarón (Cristina, m.59) e Iago Outeiriño.

SD Nogueira (1): Lucas, Christian (Pablo Fernández, m.53), Carlos, Hugo, Pablo Hermida (Andrés, m.67), Iván, Oliver (Ian, m.76), Brian (Xabier, m.59), Lois, Álex e Brais.

Árbitro: Sierra Fernández, asistido nas bandas por Estévez Blanco e Cid Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Langa (m.6) e Álvaro (m.24) nos locatarios  e a Lois (m.50) e Carlos (m.90) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.35: Lois. 1-1, m.90: Iago Outeiriño.

Incidencias: Partido da xornada catorce da Primeira Galicia.Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

O Senior rescatou un punto a última hora ante o Nogueira