O Senior pecha a liga regular gañando no campo do Soutopenedo
Os branquiverdes dominaron totalmente nos primeiros corenta e cinco minutos, nunha fase na que chegarían os tres primeiros goles en remates de Zack, Lucas e Jorge. Inlcuso houbo moitas oportunidades para que o marcador houbese sido máis amplo. Nunha das escasas ocasións na que o cadro local pisou o área rival chegaría o tanto para recortar distancias a escasos instantes do descanso.
No segundo tempo as cousas variaron xa que o Soutopenedo estivo mellor creando algunhas ocasións na portería ben defendida por Martín cun par de boas intervencións.
A medida que foron pasando os minutos os locatarios deixaron moitos hocos na súa defensa que deixaron varias accións de peirgo para os pabellonistas e nunha delas chegaría o cuarto tanto ao transformar Gabriel Outeiriño un penalti que lle fixera o porteiro. Ao final os nosos leváronse os tres puntos de forma xusta.
Agora toca esperar rival no sorteo para a promoción de ascenso. O equipo acabou no terceiro lugar da táboa clasificatoria e tocaralle un dos campións dos outros dous grupos, Seixalbo ou Rúa.
Copa Deputación
O martes os de Luis Parada xogarán no campo Miguel Ángel-Os Remedios (18 horas) o partido dos dezaseisavos de final contra o Atlético Villarino que milita na Primeira Galicia. A eliminatoria é a partido único.
FICHA TÉCNICA
Soutopenedo CF (1): Alejandro, Marcos, Toni (Velasco, m.58), Gallego (Jon Ander, m.46), Cumbrado (Fernando, m.60), David (Fermín, m.17), Gabriel, Andrés, Pablo, Evan e Anxo.
Pabellón CF (1): Martín, Aldán, Martin Bernardo, Iván (Javi Pataco, m.72), Carid, Cristian (Ron, m.59), Lucas (Hugo Varela, m.67), Jorge (Gabriel Outeiriño, m.63), Peke e Zack.
Árbitro: Pérez Quintas (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Gabriel (m.47) nos locais.
Goles: 0-1, m.21: Zack. 0-2, m.29: Lucas. 0-3, m.33: Jorge. 1-3, m.44: Pablo. 1-4, m.87: Gabriel Outeiriño, de penalti.
Incidencias: Partido de vixesimosexta xornada do Grupo 2 da Segunda Galicia. Campo de O Corgo en Soutopenedo.