O Senior comeza a segunda volta sen puntuar no Polígono
O inicio da segunda volta non resultou fructífero para o Pabellón da Primeira Galicia, despois de caer (2-0) no campo do Polígono. Os locatarios anotarían os dous tantos da vitoria na primera metade. O primeiro nun gol olímpico de Juan e o segundo a un minuto do descanso por medio de Gustavo.
Prácticamente na última acción do primeiro tempo o colexiado sinalaría unha pena máxima a favor dos pabellonistas. O lanzamento axustado de Iago Outeiriño obtivo unha felina resposta do meta Pablo Nóvoa, que desvio o balón. Esta acción puido abrir totalmente o partido na segunda metade pero despois da volta de vestiarios o marcador non se movería máis.
Despois deste marcador adverso o equipo segue na zona de descenso con 14 puntos, a un só dos postos de permanencia. O próximo domingo reciben nos Remedios ao Seixalbo.
FICHA TÉCNICA
ACD Polígono (2): Pablo Nóvoa, Fede, Calviño, Manu, Gustavo (Yago, m.68), Miguelín, Juan, Lin (Julio Martínez, m.52), Brais (Alberte, m.75), Brayan (Choupas, m.52) e Víctor (Iván, m.57).
Pabellón CF (0): Cristian, Aldán (Sergio, m.57), Adrián (Berni, m.65), Álvaro, Marcos (Antón, m.70), Cristian Blanco (Caseiro, m.46), Cacha, Langa, Machaca (Pancho, m.70), Iago Outeiriño e Numan.
Árbitro: Quintas Lorenzo, asistido nas bandas por Jiménez Domínguez e Maza
c Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Juan (m.79) nos locais e a Machaca (m.11) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.16: Juan. 2-0, m.44: Gustavo.
Incidencias: Partido da xornada dezaoito da Primera Galicia-Grupo 4º. Campo Antonio González en San Cibrao das Viñas.