El tiempo
sábado. 13.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

O Senior arranca con renovadas ilusións

Os de Toño Sanmartín comezaron os adestramentos este martes no campo dos Remedios con nove caras novas e oito xogadores que continúan da pasada campaña. O  equipo que espera a incorporación de máis futbolistas para pechar a plantilla que competirá na Segunda Galicia.

Da pasada campaña seguen Cachaldora, Aldán, Rober, Sergio, Miguel Ángel, Marcos Sotelo, Martín Bernardo e Álvaro Pérez. As novidades chegan nos nomes de Iago Álvarez, Carlos Madrigal, José Fernández, Álvaro Toubes, Nacho Acebes, Anxo Rodríguez, Diego Sanjuás, Nico Álvarez e Mael Conde, moitos deles con pasado na entidade branquiverde.

Este xoves volverán a adestrar no campo dos Remedios e o venres terán un adestramento compartido no Luis Cid Carriega co Allariz da Preferente Galicia.

O Senior arranca con renovadas ilusións