Seleccións Galegas

Rivo e Teo, na 2ª Fase CESA coa Galega Sub 14

Os infantís Martín Rivo e Teo Fernández están na lista definitiva da Selección Galega Sub 14 para disputar co equipo galego a 2ª Fase CESA que se celebra do 6 ao 8 de febreiro en terras coruñesas con Canarias e A Rioxa como rivais. VER INFORMACIÓN DO CAMPIONATO.

Ambos xogadores participarán este mércores 4 de febreiro nun adestramento previo no campo de A Braña na localidade de Rois ás 16.30 horas.

Parabéns por esta convocatoria!!!

Imagen