El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Revés que complica máis as cousas para o Senior

Revés de consideración do Pabellón contra o Cortegada (0-1) na loita pola permanencia na Primeira Galicia tratándose dun rival directo co que tamén perde o coeficiente particular. Nos locatarios debutaba Iago Campelo e volvía Rafita "Kun" despois de sete xornadas ausente.

O partido foi moi cerrado con escasas oportunidades de gol dadas as precaucións duns e outros. Nadie quería perder, a vitoria era vital paa os branquiverdes e aos visitantes, dentro do malo, o empate non lle iba mal. Un balón ao pao de Roberto e un testarazo de Luchi ao traveseiro, puideron darlle vantaxe ao Cortegada.

Gol visitante

No ecuador da segunda metade chegaría o tanto que decidiría o choque cun golpeo lonxe de Hugo, que apenas levaba cinco minutos no campo, que sorprendeu a Julián.

No que restaba do partido os pabellonistas quixeron pero non puideron e os puntos, do dobre valor, acabaron no saco do equipo contrario. A derrota deixa aos branquiverdes, que acumulan nove partidos sen gañar, como colistas do grupo. Na próxima xornada repiten nos Remedios contra o Loñoá.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián, Iago Campelo (Rober, m.80), Mario Langa, Cabrera (Pablo Langa, m.60), Álvaro, Sergio (David, m.46), Iago Outeiriño (Marcos, m.28) (Numan, m.64), Mociño, Carlos, Esteban e Rafita.

Cortegada CF (1): Cucho, Gaby (Hugo, m.62), Azucarillo (Toti, m.55), Roberto (Antón, m.87), Luchi, Cristian Presas (Casares, m.77), Diego Sotelo, Alberto, Abel, Carlos Dabarca e Cani.

Árbitro: Sierra Fernández, asistido nas bandas por Abadín Fernández e Mazac Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Marcos (m.40), Cabrera (m.42) e Numan (m.77) nos locais e a Carlos Dabarca (m.63) nos visitantes.

Gol: 0-1, m.67: Hugo.

Incidencias: Partido xornada vinte e nove da Primeira Galicia-Grupo 4º- Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Revés que complica máis as cousas para o Senior