Repetiuse a historia nos penaltis e o Senior entra nas semifinais da Copa Deputación
Repetiuse a historia nos penaltis por terceira vez consecutiva -Atlético Villarino, Cortegada e Maside-, a cuarta tendo en conta a fase de ascenso -Ribadavia Atlético-.
Os nosos conseguiron situarse nas semifinais, xunto a Ribadavia Atlético, Allariz e Barbadás, despois de aguantar a maior ofensiva visitante durante noventa minutos e resolver a eliminatoria nos penaltis, onde Bruno detivo dous lazamentos dos masidaos.
No cómputo xeral do partido o Maside estivo algo mellor que os pabellonistas. Na primeira metade levaron algo máis a iniciativa e tiveron dous balóns á madeira en sendos disparos lonxanos de Manu.
A maiores houbo una par de accións de perigo nos visitantes, a máis clara nunha falta que Bruno desviou con apuros a córner.
Dominio e ocasiòns do rival
Nestes primeiros corenta e cinco minutos os de Luis Parada chegaron ao área rival nun par de contras pero sin crear perigo na portería defendida por Óscar. Eso si, os branquiverdes reclamaron un penalti sobre Tumbeiro que parecía claro para todos menos para o colexiado. Un disparo desde fóra do área de Parrila foise fóra por pouco.
No segundo tempo as cousas comezaron de igual maneira, ata que a entrada de Iker lle deu outro aire ao equipo. O alaricán tivo unha excelente ocasión pero o seu intento de vaselina non fructificou. Fóronse consumindo os minutos sen que o marcador se movese ata chegar ao final sen goles, dando paso á tanda de penaltis.
Os penaltis
Despois de cinco lanzamentos por equipo rexistrouse un novo empate (3-3), cos fallos de Iván e Javi Pataco nos nosos, e anotando Izan, Iker e Parrilla. No fallo houbo tres lanzamentos para cada conxunto, Manuel, Martín Bernardo e Ron acertaron para os pabellonistas e Bruno, que anteriormente acertara dous disparos, detivo o último do Maside a Rivera. Este luns (20 horas) será o sorteo das semifinais na sede da RFGF en Ourense.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (0+6): Bruno, Ron, Manuel, Álvaro, Iván, Lucas (Martín Bernardo, m.64), Parrilla, Pablo (Iker, m.61), Aldán (Izan, m.76), Hugo Varela (Javi Pataco, m.87) e Tumbeiro,
Maside CF (0+5): Óscar, Naym, Martín Vázquez, Andoni, Juan (Esteban, m.64), Bardelás, Fernando (Aitor, m.76), Jhon (Mario, m.82), Martín Álvarez, Rivera e Manu.
Árbitro: Mazaira Rodríguez, asistido nas bandas por Iglesias Domínguez y Graña Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Pablo (m.15), Ron (m.23), Manuel (m.37) e Álvaro (m.80) nos locais.
Incidencias: Partido da eliminatoria de cuartos de final da Copa Deputación disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense. Uns 250 espectadores nas bancadas. O Pabellón clasificouse para as semifinais na tanda de penaltis.