El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-PLAY OFF

Empate do Infantil "A" cun final de infarto (3-3)

P1990685

Un punto para cada equipo no derbi capitalino do Play Off da Liga Galega Infantil entre Pabellón CF e Ourense CF nunha intensa cita disputada no campo de Os Remedios (3-3).

Na primeira parte os pabellonistas estiveron máis acertado cara ao gol e con sendos tantos de Amills situaríanse por diante no marcador. Cando parecía que cehgaría o descanso con ese resultado, unha falta lonxe acabaría dentro da portería local para rematar a primeira parte con 2-1.

A segunda metade transcurriría cun Ourense CF na búsqueda do empate e un Pabellón intentando darlle a puntilla ao rival. Nos últimos dez minutos chegarían os momentos máis intensos e rocambolescos. Os de Oira equilibrarían a balanza cunha falta directa desde o mediocampo executada polo meta rival que para sopresa de todos acabaría sendo gol (2-2) e nos últimos instantes un gol olímpico daríalle unha vantaxe aos visitantes (2-3) que parecía definitiva. Sen embargo, a cousa non quedaría ahí xa que no desconto un tanto de Isaac permitiría que os pabellonistas rescatasen un punto (3-3). Ver ficha técnica.

Con este marcador o Pabellón ocupa a terceira praza deste Play Off con 23 puntos. Ver clasificación.

Empate do Infantil "A" cun final de infarto (3-3)