Vitoria do Pabellón CF contra a ED Val Miñor (4-3) nos Remedios dentro do Play Off da Liga Gelega Infantil nun partido no que tivo un marcador adverso de dous goles ao descanso.
O choque tivo un tempo para cada equipo. Na primeira parte o Val Miñor estivo máis metido e marchouse aos vestiarios cun marcador claro (1-3). Os de Nigrán xa mandaban no taboleiro apenas pasados os vinte minutos (0-2) e ao tanto de Joel Vázquez ao borde da media hora, chegaría unha nova resposta visitante colocando o terceiro a dous minutos para o descanso.
Sentoulle ben o paso por vestiarios ao cadro pabellonista xa que aos dez minutos da renudación xa tiña o partido empatado (3-3) cos goles de Raúl e Amills. Posteriormente a cita foi adquirindo emoción a medida de que avanzaba pola incertifume no marcador, ata que a catro minutos do final Amills anotaría o cuarto dos branquiverdes para certificar a remontada (4-3). Ver ficha técnica.
Con este marcador -o equipo necesitaba un punto- os pabellonistas clasificáronse matemáticamente para a "final four" que se celebrará o sábado no campo de Burgáns en Cambados. Antes os nosos visitarán ao CD Lugo este mércores festivo na última xornada do Play Off. Ver clasificación.