El tiempo
domingo. 21.07.2024
El tiempo

CAMPUS FUNDACIÓN CELTA

Remata o primeiro turno do Campus céltico

Este venres a última hora da mañá clausurouse o 1º turno do Campus Fundación Celta que se desenvolveu dende o luns no campo Miguel Ángel-Os Remedios baixo a direción de adestradores célticos.

Neste último día do Campus entregáronse varios agasallos a diferentes participantes coa presenza de representantes do Pabellón CF como colaborador deste evento.

Os 72 deportistas inscritos disfrutaron a longo da semana desta actividade que o vindeiro luns, 1 de xullo, arranca co 2º turno co mesmo horario de 9.45 a 13.45 horas ata o venres.

Remata o primeiro turno do Campus céltico