DEPORTE INCLUSIVO

Redondela acolleu catro citas do Celta Integra-Ourense

A 1ª xornada da Liga Galega de Fútbol Sala, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, disputouse este mércores nun ambiente de convivencia, deportividade e inclusión.

Entre os numerosos equipos participantes estivo a Escola Celta Integra de Ourense que se desprazou ata Redondela para afrontar varios encontros nesta estrea ligueira. Os nosos representantes dirixidos por Juan Varela, repartidos en dous planteles para xogar nas modalidades Adaptada e Competición, medíndose a Os Milagros “A” e Aspavi na primeira delas e a Celta Integra e San Rafael na segunda, enfrontamentos que serviron para inaugurar a competición e poñer en valor o traballo realizado durante a tempada.

A xornada contou cun total de 20 partidos, converténdose nun auténtico punto de encontro para xogadores, corpos técnicos e familias, nunha mañá marcada pola ilusión e o compañeirismo. Máis alá dos resultados, a cita destacou polo seu carácter formativo e integrador, cumprindo co obxectivo principal desta liga: fomentar a práctica deportiva adaptada e promover os valores do deporte.

A competición continuará nas vindeiras semanas, consolidando unha iniciativa que cada ano gaña en participación e relevancia dentro do deporte adaptado galego.