Actos Institucionais
O Alcalde recibiu a dous equipos branquiverdes
O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu na mañá deste sábado no salón de plenos do concello aos membros dos equipos alevíns do Pabellón Promesas e Pabellón Promesas B.
Ambos os equipos proclamáronse campións de Liga e Copa Deputación da 1ª e 2ª Galicia respectivamente na tempada 2023-2024.
Os xogadores de ambos os equipos quixeron ofrecer este triunfo ao alcalde quen, pola súa banda, fíxolles entrega dun obsequio a cada un deles.
O primeiro edil deu o parabén aos dfeportistas e deleitoulles durante uns segundos a golpe de piano a melodía da famosa canción “We are de Champions”.
O club agradece ao Alcalde o xesto de recibir a estes equipos.