El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

Os rapaces da Escola de Iniciación pecharon o curso este xoves

Os nenos da Escola de Iniciación ao Fútbol tiveron este xoves a clausura do curso 2021-2022 despois de case nove meses de actividade dende que comezaron no mes de outubro do pasado ano.

Case medio centenar de alumnos déronse cita nos Remedios para disputar unha serie de partidos e á finalización recibiron unha medalla e un diploma por parte do club pola súa participación. 

O Pabellón CF deséxalles que pasen unhas boas vacacións de verán e que a vindeira tempada volvan con novos bríos, ben para continuar a súa formación na Escola ou dando o primeiro paso para acceder aos equipos da entidade.

Os rapaces da Escola de Iniciación pecharon o curso este xoves